Últimas noticias
Esencias
23 marzo 2011Non está nada mal, 31+28+22=81 días días sen escribir nada aquí. Certamente, son inconstante en esencia. Non me sorprende, nin creo que poida sorprenderlle a ninguén que me coñeza desde hai tempo. Pensaba dicir que teño a mesma inconstancia das mareas, pleamares e baixamares de distintos coeficientes, pero incluso elas seguen un ritmo acompasado e de ciclos fixos que eu non consigo.
Podo matizalo dicindo que en determinados aspectos si son constante, que sempre aplico uns principios básicos nos que estou firmemente asentado. Son constante na miña maneira de entender o mundo, nos meus desexos de superarme para facer o meu entorno un pouco máis cómodo para os demais, no meu afán por aprender e coñecer algo sobre moitos temas (aínda que é absoluta e irrefutablemente certo iso de que non sei todo, nin sequera moito, de nada).
Pero na práctica, no día a día, móvome por asuntos que me absorben e arrebatan durante un tempo ata que ese "flu-flu" decae un pouco e qued en "stand by" en detrimento doutro arrebato superior. Vánseme acumulando intereses pendentes, cada vez máis e máis apasionantes e, tal vez, algún día complete algún deles: a fotografía, coñecer máis sobre arte, aprender a escribir e expresarme mellor, ser quen de compoñer algunha canción, ser menos ignorante en cuestións de Historia e Xeografía, saber recoñecer e valorar moito máis o cine, adentrarme nos apasionantes mundos da Psicoloxía, Socioloxía, Antropoloxía...
Di un dos proverbios que mellor recordo que "a viaxe de mil millas comeza cun paso", así que paseniño, iremos avanzando.
Igual agora me dá unha pleamar blogueira e escribo varias veces case seguidas, non me sorprendería nadiña. E a ti?
Comentarios
Nuevo comentario